RSS

Leonardo Da Vinci

Bótalle un ollo a esta línea temporal que fai un percorrido pola vida e obra deste xenial e polifacético artista.

 
Deixar un comentario

Publicado por o 07/03/2018 en Arte, Ciencias Sociais

 

Etiquetas: ,

Concerto didáctico: “Guillermo Tell”

IMG_1484

O 31 de outubro asistimos a un concerto didáctico no Auditorio de Santiago, unha adaptación da ópera “Guillermo Tell” de Gioachino Rossini. Aínda que é un estilo musical pouco coñecido para nós, estivo moi entretida e poidemos incluso interactuar cos protagonistas.

Aquí temos un vídeo que resume en imaxes co máis interesante da obra.

 
Deixar un comentario

Publicado por o 01/11/2017 en Vídeos

 

Robótica

IMG_1408

Este curso, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria participamos no Proxecto “Introdución á Robótica educativa en Primaria” para iniciarmonos xa dende os cursos máis baixos nunha actividade que en anos anteriores acadou numerosos éxitos por parte do alumnado de ESO, a nivel nacional e internacional.

Xa estamos a traballar dende hai unhas semanas co software de programación Scratch no que está baseado o programa MBlock da casa Makeblock que é a que subministra tódolos compoñentes necesarios para montar os robots cos que realizaremos os nosos proxectos.

O pasado día 25 de outubro presentouse na Cidade da Cultura, en Santiago, o citado proxecto aos 111 centros participantes, coa presenza do Conselleiro de Cultura. O noso colexio foi un dos cinco seleccionados para mostrarlles a todos eles as posibilidades que ofrece a robótica a nivel educativo e, certamente, resultou para nós unha experiencia moi interesante

Ligazón á noticia no Telexornal Mediodía da TVG

(A partires do minuto 56:09)

IMG_1395

IMG_1417

 
1 comentario

Publicado por o 01/11/2017 en Aula, Vídeos

 

Magosto 2016

 
Deixar un comentario

Publicado por o 08/12/2016 en Vídeos

 

Etiquetas:

Representación da Terra

Un adianto do tema que imos ver nas próximas semanas na clase. Se hai algo que non entendas, non te preocupes porque o trataremos a fondo e cando volvas ver o vídeo unha vez rematado o tema, parecerache fácil.

Adiante!

 
Deixar un comentario

Publicado por o 02/11/2016 en Aula, Ciencias Sociais, Vídeos

 

Etiquetas: , , , ,

Números decimais

Repasa e practica operacións con números decimais nesta páxina.

Pica na imaxe.

decimales

 
Deixar un comentario

Publicado por o 02/11/2016 en Aula, Matemáticas

 

Aprende a aprender

Dez consellos de Aula Planeta para aprender mellor. Intenta poñelos en práctica para acadares os mellores resultados.

 

Aprender

 
Deixar un comentario

Publicado por o 19/10/2016 en Educación

 

Etiquetas: , ,

Seres vivos: Autoavaliación

Comproba o que sabes sobre os seres vivos. Se tés dúbidas, resolvémolas na clase.
Pica na ilustración para comezar.
seres_vivos

 
Deixar un comentario

Publicado por o 13/10/2016 en Aula, Ciencias da Natureza

 

O Universo

Adícalle uns minutiños a ver esta vídeo-presentación sobre o Universo. Servirache para repasar todo o que vimos na clase sobre este tema.

 
Deixar un comentario

Publicado por o 13/10/2016 en Aula, Ciencias Sociais, Vídeos

 

Benvidos a un novo curso

Estamos de volta nun novo curso, con novas caras e tamén con ilusións renovadas. Queda un longo camiño por diante, quedan moitas voltas que dar pero pasiño a pasiño iremos superando obstáculos.

Imos aló!!

Curso 16-17

 
2 Comentarios

Publicado por o 26/09/2016 en Aula, É noticia