
Este curso, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria participamos no Proxecto “Introdución á Robótica educativa en Primaria” para iniciarmonos xa dende os cursos máis baixos nunha actividade que en anos anteriores acadou numerosos éxitos por parte do alumnado de ESO, a nivel nacional e internacional.
Xa estamos a traballar dende hai unhas semanas co software de programación Scratch no que está baseado o programa MBlock da casa Makeblock que é a que subministra tódolos compoñentes necesarios para montar os robots cos que realizaremos os nosos proxectos.
O pasado día 25 de outubro presentouse na Cidade da Cultura, en Santiago, o citado proxecto aos 111 centros participantes, coa presenza do Conselleiro de Cultura. O noso colexio foi un dos cinco seleccionados para mostrarlles a todos eles as posibilidades que ofrece a robótica a nivel educativo e, certamente, resultou para nós unha experiencia moi interesante
Ligazón á noticia no Telexornal Mediodía da TVG
(A partires do minuto 56:09)

