RSS

Arquivo da categoría: Lingua Castelá

Palabras homófonas

Xa sabemos que as palabras homófonas son as que soan igual pero se escriben distinto e tamén teñen significado diferente. Aquí vos queda esta infografía na que están recollidas unha chea delas que nos poden causar problemas á hora de escribir. Para que isto non suceda, dálle un repasiño de cando en vez e recurre a ela cando che xurdan dúbidas.ortografia corregidaUnha aclaración: Segundo as últimas modificacións da RAE (Real Academia Española), recoméndase que a palabra “solo” se escriba sempre sen til, aínda que é opcional o seu uso no caso do adverbio.

E unha curiosidade: Nestas modificacións da RAE o “i” debe chamarse “i” e non “i latino” e o “y” debe chamarse “ye” e non “i grego” (En castelán).

 

 
8 Comentarios

Publicado por o 17/11/2015 en Aula, Lingua Castelá

 

Acentuación

Aquí tés unha páxina moi interesante para practicar a acentuación das palabras en lingua castelá.

acentuacion

 

 
3 Comentarios

Publicado por o 28/10/2014 en Aula, Lingua Castelá

 

23 de abril, Día Internacional do Libro

Día do Libro

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, que ten como obxecto o fomento da lectura, da industria editorial e da protección da propiedade intelectual. A súa orixe remóntanse ao ano 1930 aínda que foi promulgado a nivel internacional pola Unesco en 1995 e en 2001 Madrid foi a capital mundial do libro. Escolleuse esta data porque un 23 de abril de 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén faleceron  nesta data, aínda que en diferentes anos, outros escritores recoñecidos como William Wordsworth (1850) e Josep Pla (1981).

Así pois é unha data para celebrar e que mellor maneira que adicar unhas horas á lectura. Iso si, calquera día do ano é bo para ler porque xa sabes que un libro é un extraordinario compañeiro.

Se queres saber máis, pica aquí.