RSS

Arquivo da categoría: É noticia

Que pasa no mundo?

Benvidos a un novo curso

Estamos de volta nun novo curso, con novas caras e tamén con ilusións renovadas. Queda un longo camiño por diante, quedan moitas voltas que dar pero pasiño a pasiño iremos superando obstáculos.

Imos aló!!

Curso 16-17

 
2 Comentarios

Publicado por o 26/09/2016 en Aula, É noticia

 

Festival Letras Galegas

manuel maria

O vindeiro venres, día 20, celebraremos o Festival das Letras Galegas. O homenaxeado neste ano é o escritor chairego Manuel María, autor dunha prolífica obra na que deixou constancia do seu compromiso coa nosa terra e coa nosa lingua.

Nestas ligazóns podedes acceder aos audios da nosa aportación ao festival.

Quen puidera namorala

Deitado frente ao mar

 
2 Comentarios

Publicado por o 15/05/2016 en É noticia, Libros, Lingua Galega

 

Tempo de setas

O outono é a época por excelencia das setas e, por este motivo, estamos a facer unha exposición no centro con exemplares recolectados por nós mesmos nesta zona. Desta forma familiarizámonos un pouco co marabilloso mundo da micoloxía e, de paso, aprendemos un pouco máis deste reino dos seres vivos un tanto descoñecido para nós.

Xa sabemos o que é un “peido de lobo”, un “níscalo” ou un “boleto” e tamén sabemos que as setas se reproducen mediante esporas. Este é o aspecto que teñen vistas a través do microscopio que temos na exposición.

Esporas vistas ao microscopio

 
2 Comentarios

Publicado por o 22/10/2015 en Aula, É noticia, Coñecemento do Medio

 

Premio para Escarlatina e Ledicia

Ledicia Costas vén de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil nesta edición de 2015 polo seu libro “Escarlatina, a cociñeira defunta” un libro que formou parte das nosas lecturas do Club de Lectura durante o curso pasado. Boa parte de clase disfrutou das peripecias de Román, que na compaña de Escarlatina, Lady Horreur e Dodoto se reencontrou co seu avó falecido no Inframundo, gobernado polo tirano Amanito e ao que viaxaron a bordo do mortobús.

Unha lectura recomendada para todos aqueles que aínda non tiveron ocasión de facelo. Espéranvos megasustos divertidísimos.

escarlatina

 
5 Comentarios

Publicado por o 06/10/2015 en É noticia, Libros

 

Bo Nadal

DSC06100Chegamos a estas datas nas que a todos nos gusta esquecernos das cousas malas que nos ocorreron ou fixemos ao longo do ano e formulamos desexos e bos propósitos para o seguinte. Con esta foto de familia da clase de 5º queremos felicitarnos e felicitarvos a todos e todas, nomeadamente á comunidade educativa do CPPI dos Dices, nestas datas especiais. Saúde, sorte e constancia para tentar ser mellores. BO NADAL a tod@s!!

DSC06103

 
9 Comentarios

Publicado por o 19/12/2014 en Aula, É noticia, Fotos

 

Día da Biblioteca

Hoxe conmemórase en España o Día da Biblioteca. Mira esta estupenda colección de ilustracións que publica a revista Babar.

 
2 Comentarios

Publicado por o 24/10/2014 en É noticia, Libros

 

Malala Yousafzai

Sabes quen é Malala? Non? Pois é unha rapaza de Pakistán que actualmente ten 17 anos e que se negou a aceptar a prohibición do réxime talibán do seu país que impedía que as nenas puidesen asistir á escola. Dende moi nena loitou polos dereitos civís e en particular polos dereitos das mulleres pois os talibáns obligaran a pechar algunhas escolas e tamén negaron a educación ás nenas durante varios anos. Por este motivo sufriu un atentado terrible en outubro do ano 2012 que estivo a piques de acabar coa súa vida e do que tardou moito tempo en recuperarse. Lonxe de acabar coa súa voz o que ocorreu foi todo o contrario porque agora chega con máis forza a tódolos lugares do mundo e segue a defender os dereitos que sempre reclamou. Por esta razón acaba de ser galardoada co Premio Nobel da Paz.

malala

Isto foi o que dixo nunha entrevista cando un xornalista lle dixo que a querían matar:

Empecei a pensar niso, e adoitaba pensar que o Talibán ía chegar e só me ía matar. Pero entón dixen: se el vén, que vas facer Malala? E dicíame a min mesma: Malala, só colle o teu zapato e golpéao. Pero entón dixen: se ti lle pegas a un Talibán co teu zapato, entón non habería diferenza entre o Talibán e ti. Non debes tratar aos outros con crueldade e dureza, debes loitar contra eles pero a través da paz, o diálogo e a educación. Entón dixen: direille o importante que é a educación, e que mesmo quero educación para os seus fillos tamén. E direille: iso é o que quería dicirche. Agora fai o que queiras”

 
3 Comentarios

Publicado por o 10/10/2014 en É noticia

 

Encontro con Xosé Neira Vilas

Con motivo da exposición “Querido Balbino, 50 anos de Memorias dun neno labrego” no Multiúsos de Rois, tivemos ocasión de facer un percorrido pola vida e obra de Xosé Neira Vilas, coñecer a fondo a Balbino e, sobre todo, compartir as experiencias e ilusións deste escritor que aos seus 84 anos desprende vitalidade e atópase moi cómodo diante de rapaces coma nós.

IMG_0436_50p

 
3 Comentarios

Publicado por o 06/05/2013 en Aula, É noticia, Fotos, Lingua Galega

 

O ano que vimos a luz

O ano no que a meirande parte dos nenos e nenas de 5º vimos a luz (2002) Galicia estivo a piques de escurecer por completo. No mes de novembro, unha enorme mancha que medraba cada día foi cubrindo de negro chapapote a marabillosa costa que nos baña e matando ao seu paso a extraordinaria biodiversidade das nosas costas. O “Prestige“, un enorme petroleiro que navegaba fronte á costa galega derramou preto de 70.000 toneladas de fuel que causaron un desastre ecolóxico sen precedentes e que levou por diante a beleza das nosas rías e tamén as ilusións e o sustento de moitas familias que vivían do mar. Dez anos despois é noticia porque acaba de comezar o xuízo que deberá aclarar quen foron os responsables deste delito.

Podedes ver aquí o que dicía a prensa o día 17 de novembro cando o buque aínda non se afundira pero xa deixara un regueiro de chapapote no mar e o 19 de novembro, día en que definitivamente se confirmou o seu afundimento e o pesadelo comezaba.

Pica na imaxe inferior para ver máis fotos do desastre.

 
6 Comentarios

Publicado por o 18/10/2012 en É noticia, Fotos

 

O Nadal

O Nadal é unha festa importante en todo o mundo, máis para os nenos e nenas, que esperan con ansiedade a ver os agasallos que lles trae Papá Noel, tamén chamado Santa Claus. É un momento moi importante no ano xa que o celebramos en conmemoración ao nacemento de Xesucristo (en Galiza porque pode que noutros lugares non).

Os nenos e nenas esperan con emoción a chegada destas festas porque, como xa dixemos, Papá Noel trae regalos e ademáis é o tempo no que moitas familias poden estar xuntas. A moitos nenos e nenas  tamén lles gusta porque poden decorar a árbore de Nadal e comer o Roscón de Reis.Tamén esperan as vacacións para poder ter máis tempo libre.

En cambio, a moitos adultos non lles gusta o Nadal porque supón moitos gastos debido ás numerosas ceas, luces e outros gastos. Os prezos suben nestas datas, por iso xa supón suficientes gastos, por non mencionar o gasto de cartos e enerxía que supoñen as bonitas luces que se poñen nas casas e calles. Hai xente que pensa que iso de que o Nadal é tempo de amizade e solidaridade é unha trola e din que iso se pode facer en todo o ano e que é un invento das grandes empresas para gañar cartos (cousa que eu tamén penso). Tamén que nós tiramos comida que estas noites non comemos e neses momentos persoas do terceiro mundo morren.

Espero que este artigo vos faga reflexionar sobre o aspecto do Nadal.

Iria  Pérez Varela

 
Deixar un comentario

Publicado por o 11/01/2012 en É noticia