RSS

Arquivo da categoría: Libros

Lecturas interesantes

Festival Letras Galegas

manuel maria

O vindeiro venres, día 20, celebraremos o Festival das Letras Galegas. O homenaxeado neste ano é o escritor chairego Manuel María, autor dunha prolífica obra na que deixou constancia do seu compromiso coa nosa terra e coa nosa lingua.

Nestas ligazóns podedes acceder aos audios da nosa aportación ao festival.

Quen puidera namorala

Deitado frente ao mar

 
2 Comentarios

Publicado por o 15/05/2016 en É noticia, Libros, Lingua Galega

 

Gústache ler?

Se es dos que disfrutas do pracer da lectura, aquí tés un sitio gratuito no que podes ler online ou descargar para leres cando queiras un montón de libros interesantes, clasificados por categorías e idades. Non deixes pasar a oportunidade e visita Editorial Weeble de libros infantís gratuítos. Seguro que atopas lecturas do teu gusto.

 El-Quijote-portada

 
2 Comentarios

Publicado por o 09/05/2016 en Libros

 

Se eu fosse um livro

SE EU FOSSE UM LIVRO from very2much on Vimeo.

 
3 Comentarios

Publicado por o 04/04/2016 en Libros, Vídeos

 

Día do libro infantil e xuvenil

Se eu fosse un livro

O pasado sábado conmemorouse o “Día do Libro Infantil e Xuvenil” e no noso cole non quixemos faltar á cita. Este luns, varios compañeiros e compañeiras de 6º pasaron polo resto das clases para lerlles algún libro. Tampouco faltou a lectura compartida na nosa aula.

“Se eu fosse um livro”, de José Jorge Letria e André Letria e “Taller de corazóns”, de Arturo Abad foron as lecturas que nos presentaron Iago, Ainhoa e Laura. Ámbolos dous breves pero moi interesantes e que convidan á reflexión.

Taller de corazóns

Aproveitemos a ocasión e reflexionemos sobre este proverbio hindú que fala dos libros: Un libro aberto é un cerebro que fala; cerrado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora.

 
4 Comentarios

Publicado por o 04/04/2016 en Aula, Fotos, Libros

 

Mochilas en ruta

As mochilas viaxeiras póñense en ruta. Hoxe recollemos a nosa, que fará a primeira parada na casa de Miguel e cada semana irá pasando por todas as demais para entretemento e diversión de toda a familia Ler e andar, dúas actividades máis que interesantes, pois xa o dixera Miguel de Cervantes: “O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”.

Felices lecturas!

Mochila viaxeira 6º

 
4 Comentarios

Publicado por o 23/10/2015 en Aula, Fotos, Libros

 

Premio para Escarlatina e Ledicia

Ledicia Costas vén de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil nesta edición de 2015 polo seu libro “Escarlatina, a cociñeira defunta” un libro que formou parte das nosas lecturas do Club de Lectura durante o curso pasado. Boa parte de clase disfrutou das peripecias de Román, que na compaña de Escarlatina, Lady Horreur e Dodoto se reencontrou co seu avó falecido no Inframundo, gobernado polo tirano Amanito e ao que viaxaron a bordo do mortobús.

Unha lectura recomendada para todos aqueles que aínda non tiveron ocasión de facelo. Espéranvos megasustos divertidísimos.

escarlatina

 
5 Comentarios

Publicado por o 06/10/2015 en É noticia, Libros

 

Día da Biblioteca

Hoxe conmemórase en España o Día da Biblioteca. Mira esta estupenda colección de ilustracións que publica a revista Babar.

 
2 Comentarios

Publicado por o 24/10/2014 en É noticia, Libros

 

Viaxar sen moverte do sitio

“Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro”

(Emily Dickinson)

libro

 
4 Comentarios

Publicado por o 03/10/2014 en Citas - Frases, Libros

 

Palabras de auga

DSC05305

Onte estivo con nós Marcos Calveiro, Premio Merlín de Literatura Infantil 2012, polo seu libro Palabras de auga, con quen compartimos unha entretida sesión que nos serviu para coñecer máis en profundidade a cruel realidade dalgunhas tribus africanas coma a que se menciona no texto, que teñen que loitar pola súa supervivencia contra a fame, a explotación e a guerra. Unha realidade actual, á que lle damos as costas, mirando para outro lado e facendo oídos xordos dende a nosa atalaia de privilexio. Palabras de auga que desexamos que sexan de esperanza e de concienciación diante dunha realidade que nos pode parecer moi lonxana pero que está aí, ao noso carón.

DSC05295

 
2 Comentarios

Publicado por o 09/05/2013 en Aula, Fotos, Libros, Lingua Galega

 

Exposición CJC

Despois de varias sesións de traballo co asesoramento de membros da Fundación Camilo José Cela, hoxe tocou expoñer o material elaborado e tamén máis de 40 obxectos (manuscritos, libros, fotografías, obxectos persoais…) que pertenceron ao único escritor galego que acadou o Premio Nobel de Literatura.

Esta actividade serviu para achegármonos á figura do escritor padronés non só dende o punto de vista literario senón tamén como académico, viaxeiro, coleccionista, pintor e moitas outras facetas. Tamén aprendemos a preparar unha exposición e os elementos que non deben faltar para que ao visitante lle resulte de interese e obteña a información necesaria.

A Televisión de Galicia estivo con nós para contalo en directo.

Podedes velo picando aquí (minutos 3.25 e 25.25, aprox.)

 
6 Comentarios

Publicado por o 19/11/2012 en Aula, Libros, Vídeos