Por que?
Por que chuvia miúda?
A chuvia miúda, o orballo (babuña, babuxa, chuvisca, poalla, zarzallo), é un elemento máis que presente na paisaxe galega, esa chuvia compacta e fina que vai mollando pouco a pouco. Do mesmo xeito, este blog pretende ser un compendio de pequenas pingas que poden parecer de escasa importancia se as miramos unha a unha pero que pouco a pouco, todas xuntas, van calando.
Miúda tamén é a xente á que vai dirixido e que traballará na súa elaboración. Esta xente miúda ven a ser, en moitos casos, como unha esponxa que vai absorbendo unha pinga daquí e outra dacolá de maneira que paseniñamente van conformando a súa aprendizaxe e o seu desenrolo como persoas.
Que pretende?
-
Ser un reflexo das actividades que se fan no centro e na propia aula.
-
Proporcionar materiais de apoio ao ensino na aula.
-
Recomendar lecturas de interese e novidades editoriais.
-
Proporcionar frases e citas para a reflexión.
-
Ser un espazo de conexión coa actualidade, de aprendizaxe na selección da información e de construción dun espíritu crítico.
-
Ser un lugar de difusión de actividades de creación propia e de interacción con outros membros da comunidade educativa.
Iria
04/12/2011 at 15:18
É moi orixinal o nome.
Ana Bustelo Pérez
30/10/2015 at 21:32
A min gustame o nome porque é moi galego.