
Hoxe conmemoramos en Galicia o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Lois Pereiro, poeta monfortino falecido prematuramente hai agora 15 anos. Xa nos achegamos á súa figura e á súa obra na aula e coñecemos bastantes cousas del. O mesmo fixemos o ano pasado con Uxío Novoneira, hai dous con Ramón Piñeiro e así dende 1963 en que a homenaxeada foi, como non, Rosalía de Castro.
O día 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro asinou a dedicatoria a Fernán Caballero do seu libro “Cantares Gallegos” e foi o académico Fernández del Riego quen propuxo a conmemoración do Día das Letras Galegas nesta data na que se cumprían os 100 anos da publicación do libro. Dende aquela, cada ano vense celebrando este día dun xeito especial e lémbrase en cada ocasión a un autor diferente.
Dende Rosalía, pasando por Castelao, Pondal, Curros, Otero Pedrayo, Cunqueiro, Fole… ata Lois Pereiro, neste 2011, esta é unha homenaxe a todos os que fixeron grande a nosa cultura e a nosa lingua. Disfrutémolo.