RSS

Arquivo da categoría: Coñecemento do Medio

Tempo de setas

O outono é a época por excelencia das setas e, por este motivo, estamos a facer unha exposición no centro con exemplares recolectados por nós mesmos nesta zona. Desta forma familiarizámonos un pouco co marabilloso mundo da micoloxía e, de paso, aprendemos un pouco máis deste reino dos seres vivos un tanto descoñecido para nós.

Xa sabemos o que é un “peido de lobo”, un “níscalo” ou un “boleto” e tamén sabemos que as setas se reproducen mediante esporas. Este é o aspecto que teñen vistas a través do microscopio que temos na exposición.

Esporas vistas ao microscopio

 
2 Comentarios

Publicado por o 22/10/2015 en Aula, É noticia, Coñecemento do Medio

 

Función de nutrición

Presentación cos aspectos máis importantes en relación coa función de nutrición no ser humano. Aparatos que interveñen e funcionamento de cada un deles.

 
3 Comentarios

Publicado por o 10/03/2015 en Aula, Coñecemento do Medio

 

En perigo de extinción

Pita do monte

A pita do monte (Tetrao urogallus cantabricus) é unha especie protexida porque está en perigo de extinción. Tanto é así que en Galicia xa non queda ningún exemplar.

Pero non é a única, como veremos ao longo do tema que trata dos ecosistemas. Incluso a desaparición das que pasan máis desapercibidas pode ter consecuencias para todo o ecosistema debido ás complexas relacións que se establecen entre os seus elementos..

Se picades nas seguintes ligazóns podedes saber máis e teredes información interesante para elaborar algún dos traballos que faremos na clase.

Animais en extinción

Fauna galega

 
5 Comentarios

Publicado por o 08/02/2015 en Aula, Coñecemento do Medio

 

As plantas

Botádelle unha ollada a este vídeo no que se fai un repaso dos aspectos máis importantes do tema que estamos a estudar estes días na área de Ciencias da Natureza: As plantas, tipos, relación co medio, reprodución…

 

 
3 Comentarios

Publicado por o 04/11/2014 en Aula, Coñecemento do Medio, Vídeos

 

Pasapalabra

A ver se completas o rosco de PasaPalabra. Tódalas palabras que se preguntan teñen que ver cos animais.

Antes de empezar pasa o cursor por enriba da letra i da parte superior dereita para saber como funciona o xogo. Ten coidado coa ortografía e non esquezas poñer til ás palabras que a necesitan.

Pregunta, investiga e busca a información que necesites ata que consigas completar o rosco sen erros.

pasapalabra

 
6 Comentarios

Publicado por o 14/10/2014 en Aula, Coñecemento do Medio

 

Mirando ás estrelas

Atopei esta aplicación a través de @ChemaMunozRosa e @aulaPlaneta para coñecer todo e máis sobre a astronomía, adaptada a tódalas idades.

Entra e disfrutah367_a

 
2 Comentarios

Publicado por o 07/10/2014 en Aula, Coñecemento do Medio

 

A astronomía no día a día

Outro vídeo extraordinario de V Televisión que nos achega á astronomía a través de feitos curiosos que rexen a organización do noso tempo. Bótalle unha ollada.

Pica na seguinte ligazón.

http://bcove.me/dq9jwgl9

 
1 comentario

Publicado por o 07/10/2014 en Aula, Coñecemento do Medio, Vídeos