RSS

Arquivo da categoría: Coñecemento do Medio

Prehistoria: As covas de Altamira

As covas de Altamira (Santillana del Mar – Cantabria) foron consideradas como a Capela Sixtina do Paleolítico. Neste vídeo podedes coñecer como se desenvolvía a vida e as manifestacións artísticas deste período prehistórico nesta zona do norte de España.

 
2 Comentarios

Publicado por o 06/05/2013 en Aula, Coñecemento do Medio, Vídeos

 

Seres vivos

Aproveitando que estivemos a estudar nas últimas semanas os seres vivos e as súas funcións vitais e, neste momento estamos a falar dos animais como seres vivos e a súa clasificación en vertebrados e invertebrados, déixovos este vídeo que gravamos o curso pasado na aula e no que se recollen tódalas fases na vida do verme da seda. Por certo, ti en que grupo clasificarías a estes bichiños? Pénsao ben.

Se picas sobre as palabras coloreadas en vermello terás información moi completa sobre os animais e a súa clasificación.

 
6 Comentarios

Publicado por o 14/10/2012 en Aula, Coñecemento do Medio, Vídeos

 

Antártida, o continente “pulsante”

A Antártida é o cuarto continente máis extenso do mundo aínda que, como está situado dentro do Círculo Polar Antártico, non está habitado. Máis do 95% da súa superficie está cuberta de xeo e contén preto do 90% da auga doce do mundo. A súa superficie durante o verán antártico (xaneiro) é de 14 millóns de quilómetros cadrados pero durante o inverno o mar máis próximo conxélase e a súa superficie aumenta ata os 30 millóns de quilómetros cadrados. Esta característica, que se repite cada ano, foi a que o levou a ser chamado o “continente pulsante”.

Bótalle unha ollada a este vídeo que ten imaxes espectaculares e información interesante sobre este continente.

 
1 comentario

Publicado por o 26/04/2012 en Aula, Coñecemento do Medio

 

Oceanía

Oceanía é o continente máis pequeno. Aproximadamente o 85% do seu territorio corresponde a Illa de Australia e o 15% restante está formado por unhas 10.000 illas pequenas que se agrupan nas divisións de Melanesia, Micronesia, Polinesia e Nova Zelandia.

Xa sabes, pica sobre o mapa.

Como dato curioso, hai que engadir que nós estamos nas antípodas de Nova Zelandia, é dicir, se poidésemos atravesar o planeta dende Rois, pasando polo centro da Terra chegariamos dereitiños a Nova Zelandia. Se queredes saber o punto exacto das antípodas dun lugar concreto (o colexio, a nosa aula, a vosa casa…) non tedes máis que picar no texto de abaixo. No mapa superior (orixinal) buscades a vosa ubicación e, automaticamente, vedes o punto oposto no mapa inferior (antípodas). Probade.

ONDE ESTÁN AS NOSAS ANTÍPODAS?

 
1 comentario

Publicado por o 25/04/2012 en Aula, Coñecemento do Medio

 

Asia

Seguimos co estudo físico dos continentes. Hoxe toca Asia.

Asia

Pica sobre o mapa para saber máis.

 
Deixar un comentario

Publicado por o 25/04/2012 en Aula, Coñecemento do Medio

 

América

América

Infórmate e comproba os teus coñecementos sobre o continente americano. Pica sobre o mapa.

AQUÍ podes aprender de maneira divertida máis cousas sobre América.

 
Deixar un comentario

Publicado por o 24/04/2012 en Aula, Coñecemento do Medio

 

África

Para aprender máis sobre o continente africano e comprobar os nosos coñecementos. Pica sobre a imaxe.

África

Nesta presentación podemos descubrir máis datos interesantes sobre este continente de contrastes e sempre sorprendente.

 
Deixar un comentario

Publicado por o 23/04/2012 en Coñecemento do Medio

 

Relevo e hidrografía de España e Europa

Europa física

Aquí podes ver as principais unidades de relevo e os ríos máis importantes de España e Europa.

Pica sobre o mapa para acceder.

Se queres adestrar o teu cerebro e adquirir máis coñecementos sobre o continente europeo pica AQUÍ.

 
1 comentario

Publicado por o 23/04/2012 en Aula, Coñecemento do Medio

 

O relevo europeo

Presentación cos principais elementos do relevo do continente europeo

 
1 comentario

Publicado por o 23/04/2012 en Aula, Coñecemento do Medio

 

Magnetismo

Outro vídeo do profesor Beakman. Xa o vimos e comentamos na clase pero…por se aínda non vos quedou claro.

 

 

 
1 comentario

Publicado por o 08/02/2012 en Aula, Coñecemento do Medio, Vídeos