RSS

Arquivo por autores: iria6dices

O Nadal

O Nadal é unha festa importante en todo o mundo, máis para os nenos e nenas, que esperan con ansiedade a ver os agasallos que lles trae Papá Noel, tamén chamado Santa Claus. É un momento moi importante no ano xa que o celebramos en conmemoración ao nacemento de Xesucristo (en Galiza porque pode que noutros lugares non).

Os nenos e nenas esperan con emoción a chegada destas festas porque, como xa dixemos, Papá Noel trae regalos e ademáis é o tempo no que moitas familias poden estar xuntas. A moitos nenos e nenas  tamén lles gusta porque poden decorar a árbore de Nadal e comer o Roscón de Reis.Tamén esperan as vacacións para poder ter máis tempo libre.

En cambio, a moitos adultos non lles gusta o Nadal porque supón moitos gastos debido ás numerosas ceas, luces e outros gastos. Os prezos suben nestas datas, por iso xa supón suficientes gastos, por non mencionar o gasto de cartos e enerxía que supoñen as bonitas luces que se poñen nas casas e calles. Hai xente que pensa que iso de que o Nadal é tempo de amizade e solidaridade é unha trola e din que iso se pode facer en todo o ano e que é un invento das grandes empresas para gañar cartos (cousa que eu tamén penso). Tamén que nós tiramos comida que estas noites non comemos e neses momentos persoas do terceiro mundo morren.

Espero que este artigo vos faga reflexionar sobre o aspecto do Nadal.

Iria  Pérez Varela

 
Deixar un comentario

Publicado por o 11/01/2012 en É noticia

 

As pombas tamén saben contar.

Hai pouco descubriuse que as pombas tamén saben contar. Anos atrás creíase que só os primates eran capazes de razoar numéricamente pero un experimento publicado en Journal of Experimental Psychology demostrou todo o contrario. As pombas son capaces de resolver problemas matemáticos sinxelos .

Damian Scarf, un dos autores do estudo, pasou un ano en formación de varias das especies pombas Columba LIVIA. Os paxaros aprenderon a clasificar en orde crecente distintos conxuntos contendo 19 obxectos. Para máis dificultade, eses obxectos non eran  iguais, variaban en forma e cor. Así, os animais tiveron que aprender que o que importaba era o número de obxectos e non moldear ou a súa cor.

Os resultados do estudo suxiren que, a pesar da organización diferente do cerebro, tanto os monos e os pombos poderían resolver estes probas simples de matemáticas do mesmo xeito. Ademais, este traballo abre a porta a novas preguntas: Que outros animais tamén son capaces de “manter a puntuación”?.

Fonte: Muy Interesante                                                            Iria  Pérez (6º)

 
Deixar un comentario

Publicado por o 11/01/2012 en É noticia

 

A Videoconferencia

O día 4 de novembro de 2011, o noso colexio, xunto con outros moitos colexios de Galicia, fixemos unha videoconferencia con Isabel Fraga, actualmente catedrática de Botánica da USC e, ademais directora do Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela, cuxo nome era: “O valor dos bosques na sociedade actual e os seus compoñentes, as árbores; a súa conservación e o seu aproveitamento sostible”.

A razón da videoconferencia era que o 4 de novembro foi o II Día da Ciencia en Galego e o 2011 é o ano dos bosques.
Tal e como di o título, tratou das árbores e dos bosques. Antes de comezar, o noso colexio e outros máis enviamos saúdos. A videoconferencia foi na sala de audiovisuais. Isabel iniciou a conversación sobre os bosques, coa súa voz e con diapositivas. Algunhas das cousas que nos explicou foron:
-Que son os bosques primarios, secundarios e plantacións.
-As causas das desforestacíons.
-Como se produce a chuvia ácida e como afecta ás árbores.
-Cantos seres vivos pode haber en diferentes tipos de bosques.
-Cales son as utilidades das árbores.
-Que os soutos son as plantacións máis antigas de toda Galiza.

Tamén nos contou curiosidades como que cando explota unha castaña ao asala significa que unha alma foi sacada do purgatorio.
Despois de explicarnos todo o tema respondeu ás nosas preguntas. Houbo moitas preguntas xa que , como dixen, había colexios de toda Galiza. Despediuse e así rematou a videoconferencia.

Iria Pérez (6º)