RSS

O ano que vimos a luz

18 Out

O ano no que a meirande parte dos nenos e nenas de 5º vimos a luz (2002) Galicia estivo a piques de escurecer por completo. No mes de novembro, unha enorme mancha que medraba cada día foi cubrindo de negro chapapote a marabillosa costa que nos baña e matando ao seu paso a extraordinaria biodiversidade das nosas costas. O “Prestige“, un enorme petroleiro que navegaba fronte á costa galega derramou preto de 70.000 toneladas de fuel que causaron un desastre ecolóxico sen precedentes e que levou por diante a beleza das nosas rías e tamén as ilusións e o sustento de moitas familias que vivían do mar. Dez anos despois é noticia porque acaba de comezar o xuízo que deberá aclarar quen foron os responsables deste delito.

Podedes ver aquí o que dicía a prensa o día 17 de novembro cando o buque aínda non se afundira pero xa deixara un regueiro de chapapote no mar e o 19 de novembro, día en que definitivamente se confirmou o seu afundimento e o pesadelo comezaba.

Pica na imaxe inferior para ver máis fotos do desastre.

 
6 Comentarios

Publicado por o 18/10/2012 en É noticia, Fotos

 

6 respostas a “O ano que vimos a luz

  1. iker

    20/10/2012 at 17:32

    que mala sorte tuvo galicia co prestige menuda catastrofe

     
    • maria

      15/02/2013 at 22:09

      Tres monta razón

       
  2. brais eiras

    28/06/2013 at 15:21

    que pena todos animales que hai morreron

     
  3. brais eiras

    28/06/2013 at 15:30

    seguro que morreron moitas das especies de aves páxaros e peixes.

     
  4. ana

    19/09/2015 at 13:03

    Que pena por culpa do prestige moitos animais morreron e eles non tiñan a culpa daquel incidente. Pobriños todos!!!

     
  5. gorecho

    13/11/2017 at 20:50

    Reblogged this on Chuvia miúda.

     

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: