RSS

17 de maio. De Rosalía a Pereiro

17 Mai

Lois Pereiro

Hoxe conmemoramos en Galicia o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Lois Pereiro, poeta monfortino falecido prematuramente hai agora 15 anos. Xa nos achegamos á súa figura e á súa obra na aula e coñecemos bastantes cousas del. O mesmo fixemos o ano pasado con Uxío Novoneira, hai dous con Ramón Piñeiro e así dende 1963 en que a homenaxeada foi, como non, Rosalía de Castro.

O día 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro asinou a dedicatoria a Fernán Caballero do seu libro “Cantares Gallegos” e foi o académico Fernández del Riego quen propuxo a conmemoración do Día das Letras Galegas nesta data na que se cumprían os 100 anos da publicación do libro. Dende aquela, cada ano vense celebrando este día dun xeito especial e lémbrase en cada ocasión a un autor diferente.

Dende Rosalía, pasando por Castelao, Pondal, Curros, Otero Pedrayo, Cunqueiro, Fole… ata Lois Pereiro, neste 2011, esta é unha homenaxe a todos os que fixeron grande a nosa cultura e a nosa lingua. Disfrutémolo.

 
2 Comentarios

Publicado por o 17/05/2011 en Aula, É noticia, Lingua Galega

 

2 respostas a “17 de maio. De Rosalía a Pereiro

  1. Julia

    21/05/2011 at 15:52

    Nós tivemos que facer un traballo sobre Lois e sabemos moitas cousas del

     
  2. Ánxela

    21/05/2011 at 17:52

    Tivemos que facer o traballo para lingua. E a verdade e que viaxou moitísimo.

     

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: