RSS

Salvar un libro

04 Mai

Dentro das actividades promovidas pola Biblioteca do centro, participamos nunha actividade conxunta que están a levar a cabo tódolos centros incluídos no Plambe de Bibliotecas Escolares, entre os cales nos atopamos. A actividade chámase “Salvar un libro da literatura galega” e está inspirada no libro Fahrenheit 451“. Se alguén neste momento quixese queimar tódolos libros en galego que hai no mundo, cal salvariamos nós?

Contos por palabras

Pois ben, a elección maioritaria na aula de 5º foi “Contos por palabras”, de Agustín Fernández Paz e ilustracións de Enjamio. É un libro que consta de once relatos moi diferentes entre si, pero que teñen unha orixe común: todos eles naceron a partir dalgún dos anuncios por palabras que atopamos a diario nos xornais. Nel podemos atopar unha galería de personaxes moi variada: un unicornio solitario, un Spiderman moi habelencioso, un home lobo namorado, un león con alopecia… O libro, que conta xa con vinte anos de vida e recibiu o  Premio Lararillo 1990 e foi incluído na International Honour List do IBBY de 1992, segue desprendendo frescura, fantasía e humor.

 
1 comentario

Publicado por o 04/05/2011 en Aula, Libros, Lingua Galega

 

Unha resposta a “Salvar un libro

  1. Julia

    21/05/2011 at 13:23

    Nós os alumnos de 6º de primaria eleximos Made in Galiza, que é un libro con varios contos.

     

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: